lunes, 18 de junio de 2018

Chaveiro en FreeCad para imprimir en 3D

Este chaveiro foi deseñado coa ferramenta de deseño en 3D FreeCad, unha vez rematado exportamolo a formato STL. que é o formato que interpreta a impresora 3D.
Enviámolo por correo á profesora para que imprima varios chaveiros xuntos.

Este foi o resultado!!

miércoles, 30 de mayo de 2018

Comezamos a deseñar e imprimir en 3D


  1. Descargamos dende aquí o FreeCad e instalámolo no noso PC
  2. Descargamos dende aquí o REPETIER e instalamolo no noso PC
  3. Descargamos unha fonte dende Google fonts Github
  4. Descargar dende aquí o perfil de impresión da LEÓN 3D PERFILES SLIC3R v09
  5. Configuramos o Repetier co perfil de extrusión da León 3D
  • Calidad Normal
  • Boquilla 0,4 mm
  • Extrusor PLA
  • Layer height 0,3 mm
  • infill Density 20%
  • Infill Pattern (rectilinear)
  • Solid infill pattern (rectilinear)


Aquí tedes un Videotitorial de Obijuan que explica o proceso paso a paso






lunes, 19 de marzo de 2018

Día da muller

Realizaremos diferentes montaxes coa ferramenta WORDART en rede, empregando nomes de mulleres que son ou foron referentes na súa profesión e imaxes representativas.
Estas imaxes poden ser incrustadas para que teñan movemento, copiando o código que se obtén dende "share"


Aquí vai algún exemplo feito polo alumnado;
Imaxe elaborada por Dana:
Imaxe elaborada por Estela
Imaxe elaborada por Claudia

Imaxe elaborada por Adrián Méndez
Imaxe elaborada por Manu

Imaxe elaborada por Bruno
Imaxe elaborada por Iria
Imaxe elaborada por Lidia





domingo, 17 de diciembre de 2017

Compoñentes dun ordenador

Este video foi elaborado polas alumnas Sandra, Claudia e Iria de 4º da ESO para a materia de TIC, para traballar os contidos de Hardware e compoñentes dun PC.
Bo traballo!!

miércoles, 5 de abril de 2017

Tarefa 3.- Cambiar a cor de ollos e de pelo con GIMP


  1. Descarga a fotografía no teu equipo
  2. Ábrea co Gimp
  3. Crea dúas capas novas (pelo, e ollos)
  4. Coa ferramenta tesoiras, recorta o pelo.
  5. Tíñeo dunha cor e dalle transparencia a capa pelo.
  6. Na capa ollos, debuxa unha elipse encima de cada iris dos ollos, tíñeos da cor que che guste. 
  7. Dalle transparencia á capa para que pareza natural.
  8. Monta as imaxes co antes e o despois.
  9. Súbeas ao teu blogue
Este podería ser o resultado

Tarefa 5.- Quitar intrusos nunha paisaxe con GIMP

Garda esta imaxe no teu equipo.
Retocaa coa ferramenta "clonado" de xeito que desapareza a esquiadora da paisaxe.
Debe quedar o máis natural posible.
A continuación monta o antes e despois da imaxe retocada.
Súbea ao teu blogue , explicando brevemente como o fixeche.

Tarefa 4.-Quitar enrugas co Gimp

Colle esta imaxe, e coa ferramenta "saneado" quítalle as enrugas.

  • Monta nunha única imaxe, o antes e o despois

Cando remates, súbea ao teu blogue e explica brevemente como o fixeche

lunes, 20 de marzo de 2017

Tarefa 1.- Cabeceira (logotipo para o blogue) en Gimp

Debedes crear 5 logotipos con GIMP e escoller un deles para cabeceira do voso blogue.
A lonxitude da imaxe debe ser de 960 pixeles
O texto de fonte (a escoller) e altura 150 pixeles. Poñeredes nunha entrada do blogue os 5 logos que deseñastes e colocaredes de cabeceira o que máis vos guste.

lunes, 6 de marzo de 2017

Video "Adopta morcegos, nin somos feos nin somos cegos"

Video "Adopta morcegos, nin somos feos nin somos cegos" elaborado polo alumnado de TIC de 4º da ESO coma resumo do Proxecto Científico para a First Lego League 2017

miércoles, 30 de noviembre de 2016

Enquisa biblioteca secundaria, feita por Alejandro

O alumnado de TIC de 4º da ESO, elaborou unha enquisa con Google Drive Formularios sobre  o emprego da Biblioteca escolar por parte do alumnado de Primaria e Secundaria.
Este é un exemplo , feito por Alejandro Alonso.

viernes, 14 de octubre de 2016

Cuarta tarefa.- As partes dun computador

Deberás realizar unha presentación sobre os distintos compoñentes do ordenador:
  1. Placa Base
  2. Microprocesador
  3. Ventilador
  4. Memoria RAM- ROM-Caché.
  5. Fonte de Alimentación
  6. Disco Duro
  7. Unidades de almacenamento externas. CD, DVD,BluRay, memorias USB, discos externos.
  8. Portos e conectores
  9. Tarxetas de expansión (tarxetas gráficas, tarxetas de rede, tarxeta de son..)
  10. Periféricos; de entrada, de saída e de entrada-saída.
    • Teclado
    • Rato
    • Cámara Web
    • Escáner
    • Mando videoxogos
    • Micrófono
    • Altofalantes
    • Lector código barras
    • Tableta dixitalizadora...
    • Impresoras e plóteres
    • Monitores
    • Módem
Nesta presentación deberás engadir unha imaxe como mínimo en cada diapositiva, e un máximo de 5 liñas de texto en cada unha.
Conterá como mínimo 10 diapositivas e 20 como máximo.
Poderás facela coas seguintes aplicacións:
  • Microsoft office-Powerpoint
  • Open Office Impres
  • Libre Office - Impres
  • Google drive - Presentacións
  • Prezzi

lunes, 3 de octubre de 2016

Terceira tarefa.- Deberedes engadir un reloxio e un contador de visitas ao voso blogue.

Como se fai para engadir un contador de visitas?


  1. Visitamos a páxina seguinte: http://www.contadorvisitasgratis.com/
  2. Agora preme no botón 
  3. De entre os múltiples contadores, escollede o que máis vos gusta, por exemplo estes engrenaxes.
  4. A continuación deberos escoller a nosa  ubicación GMT+2, a categoría "formación" subcategoria "educación secundaria"
  5. Escollemos o número de cifras do contador, especificamos en que número queremos que comece, eliximos o tamaño e a posición, e abaixo de todo prememos no botón enviar.
  6. Na seguinte fiestra aparece un código que debemos copiar, é o código HTML
  7. Imos ao blogue, e no menú deseño , na barra lateral dereita ou na esquerda se a temos, prememos na opción "engadir gadget" e escollemos a opción "HTML/Javascript", poñemos o título "contador visitas" e pegamos o código HTML que antes copiamos.
  8. Damoslle a gardar, e aparecerá o contador no voso blogue.

miércoles, 21 de septiembre de 2016

Segunda tarefa.- O reproductor de música

O primeiro que deberedes facer no voso blogue, é crear unha "play list" é dicir unha lista de reprodución da vosa música favorita, que fará máis ameno o tempo de traballo no blogue. Neste caso faredelo en HYPSTER.
  1. Para iso necesitaredes rexistrarvos no Hypster, cun nome de usuario e un correo electrónico, mellor que empreguedes o mesmo de gmail.
  2. Unha vez rexistrados no Hypster, debedes ir a o voso correo electrónico, mirade no cartafol "promocions" e premede no botón CONFIRMAR. (para que se vexa o botón debedes premer no correo, onde dí, "mostrar imaxes")
  • Unha vez que xa creastes a conta e entrastes "login in" debedes crear unha lista (CREATE PLAYLIST) con a lo menos 5 cancións da vosa preferencia.
  • continuación, necesitades crear un reprodutor desa música para o blogue, escollede CREATE PLAYER, a mín gústame o HypsterHi5player.

Podedes personalizar ese reprodutor , e a continuación premedes no botón GET CODE, e aparecerá un código HTML que debedes copiar.

Con ese código copiado iremos ao menú de configuración do voso blogue no apartado deseño, e escolledes a opción "Añadir un Gadget"  "HTML/Javascript HTML/Javascript Añadironde poñeredes un título para o reprodutor e pegaredes o código que antes copiastes. 

viernes, 16 de septiembre de 2016

Primeira tarefa, Crea o teu avatar

Agora axudareivos a crear o voso AVATAR, unha imaxe representativa que poidades empregar coma foto de perfil, e que ademais se semelle a vos.

Creedes, que esta imaxe se me asemella?
Agora creade o voso:
  1. Visitade o sitio https://www.cartoonify.de/
  2. Escolle o teu sexo.
  3. A continuación configura a forma da cara, ollos, nariz e boca. 
  4. O corte de pelo, a cor....
  5. Cando o teñas listo, podes descargalo en formato *.png e utilizalo nos teus perfiis das redes sociais, correo electrónico...
  6. No caso de que non desexedes poñela de foto de perfil, creade unha nova entrada "o meu avatar" e subide a foto a esa entrada.

Presentámonos

Ola , eu son Reyes, a profe de TIC no CPI de Atios, este é o blogue que imos a empregar para traballar a materia e onde iremos publicando as tarefas que facemos na aula.