miércoles, 30 de noviembre de 2016

Enquisa biblioteca secundaria, feita por Alejandro

O alumnado de TIC de 4º da ESO, elaborou unha enquisa con Google Drive Formularios sobre  o emprego da Biblioteca escolar por parte do alumnado de Primaria e Secundaria.
Este é un exemplo , feito por Alejandro Alonso.

viernes, 14 de octubre de 2016

Cuarta tarefa.- As partes dun computador

Deberás realizar unha presentación sobre os distintos compoñentes do ordenador:
  1. Placa Base
  2. Microprocesador
  3. Ventilador
  4. Memoria RAM- ROM-Caché.
  5. Fonte de Alimentación
  6. Disco Duro
  7. Unidades de almacenamento externas. CD, DVD,BluRay, memorias USB, discos externos.
  8. Portos e conectores
  9. Tarxetas de expansión (tarxetas gráficas, tarxetas de rede, tarxeta de son..)
  10. Periféricos; de entrada, de saída e de entrada-saída.
    • Teclado
    • Rato
    • Cámara Web
    • Escáner
    • Mando videoxogos
    • Micrófono
    • Altofalantes
    • Lector código barras
    • Tableta dixitalizadora...
    • Impresoras e plóteres
    • Monitores
    • Módem
Nesta presentación deberás engadir unha imaxe como mínimo en cada diapositiva, e un máximo de 5 liñas de texto en cada unha.
Conterá como mínimo 10 diapositivas e 20 como máximo.
Poderás facela coas seguintes aplicacións:
  • Microsoft office-Powerpoint
  • Open Office Impres
  • Libre Office - Impres
  • Google drive - Presentacións
  • Prezzi

lunes, 3 de octubre de 2016

Terceira tarefa.- Deberedes engadir un reloxio e un contador de visitas ao voso blogue.

Como se fai para engadir un contador de visitas?


  1. Visitamos a páxina seguinte: http://www.contadorvisitasgratis.com/
  2. Agora preme no botón 
  3. De entre os múltiples contadores, escollede o que máis vos gusta, por exemplo estes engrenaxes.
  4. A continuación deberos escoller a nosa  ubicación GMT+2, a categoría "formación" subcategoria "educación secundaria"
  5. Escollemos o número de cifras do contador, especificamos en que número queremos que comece, eliximos o tamaño e a posición, e abaixo de todo prememos no botón enviar.
  6. Na seguinte fiestra aparece un código que debemos copiar, é o código HTML
  7. Imos ao blogue, e no menú deseño , na barra lateral dereita ou na esquerda se a temos, prememos na opción "engadir gadget" e escollemos a opción "HTML/Javascript", poñemos o título "contador visitas" e pegamos o código HTML que antes copiamos.
  8. Damoslle a gardar, e aparecerá o contador no voso blogue.

miércoles, 21 de septiembre de 2016

Segunda tarefa.- O reproductor de música

O primeiro que deberedes facer no voso blogue, é crear unha "play list" é dicir unha lista de reprodución da vosa música favorita, que fará máis ameno o tempo de traballo no blogue. Neste caso faredelo en HYPSTER.
  1. Para iso necesitaredes rexistrarvos no Hypster, cun nome de usuario e un correo electrónico, mellor que empreguedes o mesmo de gmail.
  2. Unha vez rexistrados no Hypster, debedes ir a o voso correo electrónico, mirade no cartafol "promocions" e premede no botón CONFIRMAR. (para que se vexa o botón debedes premer no correo, onde dí, "mostrar imaxes")
  • Unha vez que xa creastes a conta e entrastes "login in" debedes crear unha lista (CREATE PLAYLIST) con a lo menos 5 cancións da vosa preferencia.
  • continuación, necesitades crear un reprodutor desa música para o blogue, escollede CREATE PLAYER, a mín gústame o HypsterHi5player.

Podedes personalizar ese reprodutor , e a continuación premedes no botón GET CODE, e aparecerá un código HTML que debedes copiar.

Con ese código copiado iremos ao menú de configuración do voso blogue no apartado deseño, e escolledes a opción "Añadir un Gadget"  "HTML/Javascript HTML/Javascript Añadironde poñeredes un título para o reprodutor e pegaredes o código que antes copiastes. 

viernes, 16 de septiembre de 2016

Primeira tarefa, Crea o teu avatar

Agora axudareivos a crear o voso AVATAR, unha imaxe representativa que poidades empregar coma foto de perfil, e que ademais se semelle a vos.

Creedes, que esta imaxe se me asemella?
Agora creade o voso:
  1. Visitade o sitio https://www.cartoonify.de/
  2. Escolle o teu sexo.
  3. A continuación configura a forma da cara, ollos, nariz e boca. 
  4. O corte de pelo, a cor....
  5. Cando o teñas listo, podes descargalo en formato *.png e utilizalo nos teus perfiis das redes sociais, correo electrónico...
  6. No caso de que non desexedes poñela de foto de perfil, creade unha nova entrada "o meu avatar" e subide a foto a esa entrada.

Presentámonos

Ola , eu son Reyes, a profe de TIC no CPI de Atios, este é o blogue que imos a empregar para traballar a materia e onde iremos publicando as tarefas que facemos na aula.