domingo, 17 de diciembre de 2017

Compoñentes dun ordenador

Este video foi elaborado polas alumnas Sandra, Claudia e Iria de 4º da ESO para a materia de TIC, para traballar os contidos de Hardware e compoñentes dun PC.
Bo traballo!!

miércoles, 5 de abril de 2017

Tarefa 3.- Cambiar a cor de ollos e de pelo con GIMP


  1. Descarga a fotografía no teu equipo
  2. Ábrea co Gimp
  3. Crea dúas capas novas (pelo, e ollos)
  4. Coa ferramenta tesoiras, recorta o pelo.
  5. Tíñeo dunha cor e dalle transparencia a capa pelo.
  6. Na capa ollos, debuxa unha elipse encima de cada iris dos ollos, tíñeos da cor que che guste. 
  7. Dalle transparencia á capa para que pareza natural.
  8. Monta as imaxes co antes e o despois.
  9. Súbeas ao teu blogue
Este podería ser o resultado

Tarefa 5.- Quitar intrusos nunha paisaxe con GIMP

Garda esta imaxe no teu equipo.
Retocaa coa ferramenta "clonado" de xeito que desapareza a esquiadora da paisaxe.
Debe quedar o máis natural posible.
A continuación monta o antes e despois da imaxe retocada.
Súbea ao teu blogue , explicando brevemente como o fixeche.

Tarefa 4.-Quitar enrugas co Gimp

Colle esta imaxe, e coa ferramenta "saneado" quítalle as enrugas.

  • Monta nunha única imaxe, o antes e o despois

Cando remates, súbea ao teu blogue e explica brevemente como o fixeche

lunes, 20 de marzo de 2017

Tarefa 1.- Cabeceira (logotipo para o blogue) en Gimp

Debedes crear 5 logotipos con GIMP e escoller un deles para cabeceira do voso blogue.
A lonxitude da imaxe debe ser de 960 pixeles
O texto de fonte (a escoller) e altura 150 pixeles. Poñeredes nunha entrada do blogue os 5 logos que deseñastes e colocaredes de cabeceira o que máis vos guste.

lunes, 6 de marzo de 2017

Video "Adopta morcegos, nin somos feos nin somos cegos"

Video "Adopta morcegos, nin somos feos nin somos cegos" elaborado polo alumnado de TIC de 4º da ESO coma resumo do Proxecto Científico para a First Lego League 2017